Publicado en Asembleas

Asemblea Xeral Ordinaria

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Convocase a todos os socios da ANPA á asamblea xeral ordinaria, a celebrar o próximo xoves 27 de setembro no colexio, ás 20:00 h. en primeira convocatoria e ás 20:30 h. en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2.- Memoria de actividade 2017-2018.
3.- Aprobación de contas 2017-2018. 
4.- Elección e nomeamento da nova Xunta Directiva.
5.- Rogos e preguntas.

Advertisements
Publicado en Uncategorized

Nova reunión co Concello

Hoxe houbo unha nova reunión coa concelleira de Educación e Alcalde co gallo de retomar os puntos pendentes na pasada reunión de Outubro. Asistiron por parte de Colexio o director e a potencial futura nova directora, e a presidenta e secretario da ANPA.

1. Subvención do Concello á ANPA

A proposta do novo orzamento foi rexeitada no pleno, polo que se mantén o cantidade asinada á ANPA que é bastante perxudicial para os nosos intereses. O Concello adica só 6 EUR/neno cando no caso de Guillarei chega a 18 EUR/neno, limitando a nosa capacidade financiera de maneira inxusta.

Queda esperar unha futura aprobación do orzamento ou novo goberno para solucionar esta situación.  Na figura: 2018 (proposta rexeitada), 2016/7 (situación actual, a prorrogar)

2. Melloras no centro

Por parte da dirección recórdanse os proxectos pendentes:

  • Novos elementos de xogo no areiro
  • Crear zona de caucho/mol para novos elementos de xogo fora do areiro
  • Creación dun arboreto e cesión do terreo onde se atopa agora a horta
  • Mellora das condicións co novo contrato de limpeza
  • Colocación de toldos (ou solución equivalente) para reducir as temperaturas nas aulas

O Alcalde, xunto coa Concelleira, comprométense a visitar o colexio (por primeira vez) mañá venres 4 de Maio, para coñecer mellor estas demandas.